multimediacomo llegartiendagruposconcursocolaborabuscar
BASES VI CONCURSO GALEGO de REGGAE

 

Imagen de muestraBASES

 VI Concurso Galego de Reggae VI CGR.

 ASOCIACIÓN CULTURAL NEGUS

A Asociación Cultural Negus en colaboración co Foundation Reggae Festival, o Concello de Culleredo, a Deputación de A Coruña e a Xunta de Galicia, convoca a nivel galego o VI Concurso para artistas ou formacións noveis non profesionais.

 

BASES:

Participantes.

1. Poderán participar neste Concurso todos os artistas ou formacións musicais residentes en Galicia.

2. O Concurso está aberto a todas as formacións que creen unha obra de música de acordo ás características e ás bases da presente convocatoria.

3. As formacións non terán límite de compoñentes, e os temas poden ser presentados en calquera idioma, valorando os escritos en galego.

Obra.

4. A obra musical estará referida á música “Reggae” e ás “Músicas do Mundo”, admitíndose todas as tendencias, correntes e estilos musicais relacionados: ska, roots, rockstady, calipso, ragga, dancehall, newroots, dub,….. Sempre no ámbito da música xamaicana.

5. O autor ou autores garanten que a obra musical presentada é orixinal e inédita, entendéndose por tales aquelas de nova creación, que non sexan copia nin modificación dalgunha outra existente, e que non fosen editadas por selo discográfico ningún.

6. A Asociación Cultural NEGUS resérvase o dereito de admisión á convocatoria das obras musicais en función do seu contido, quedando expresamente excluídas aquelas con contidos xenófobos, violentos, ou racistas.

7. A obra musical enviarase en formato MP3, incluíndo o título e o nome da formación, acompañada dunha foto, número de componentes, myspace, e unha breve biografía, a: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla   xunto a FICHA DE INSCRICIÓN cuberta con todos os datos. Recibirás un email de confirmación da tua participación.

8. Cada autor poderá presentar un máximo de dúas obras musicais.

Premios.

9. Entre todos os participantes serán seleccionados dous artistas ou bandas que pasarán á final, da cal sairá o gañador do VI Concurso Galego de Reggae. O premio implica:
     • A actuación do artista ou formación gañadora, no escenario principal do IX Foundation Reggae Festival.
     • Promoción da banda con concertos nas salas pertecentes a Clubtura.
     • A gravación da devandita actuación en CD, e DVD e a edición dos temas extraídos da actuación no IX Foundation Reggae Festival.
     • A Asociación Cultural Negus faise cargo de todos os gastos orixinados do desprazamento, estanza e necesidades técnicas que poida xerar a actuación da devandita formación ou artista.
     • A actuación do artista ou formación gañadora no Rototom Sunsplash España na final do Contest Spain enmarcado dentro do European Reggae Contest. como representante da Comunidade Galega.
    • Promoción do artista ou formación, co resto da información do Foundation Reggae Festival, a través de diversos medios e paxinas webs. 

10. O Premio poderá declararse deserto.

Xurado.

11.     O Xurado estará designado pola Asociación Cultural Negus. Estará formado por persoas de recoñecida solvencia no ámbito musical en xeral, e da música reggae en particular, membros do Concello de Culleredo, membros de Clubtura e organizadores do Foundation Reggae Festival.

Inscrición.

12. As obras musicais presentaranse por correo electrónico a través da páxina web: www.foundationreggafestival.com  CONCURSO, por medio do formulario previsto que se inclúe nesta. Confirmar por email a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla a vosa inscrición.

13. É obrigatorio cubrir todos os seus datos, así como anexar a obra musical no formato establecido.

14. Todas as obras musicais presentadas terán un título que as identifique. Na páxina web do Foundation Reggae Festival, publicarase a obra co título, nome do artista ou formación, breve biografía e foto.

Calendario

15. O prazo de admisión comeza o 1 de febreiro, coa publicación da presente convocatoria e finaliza ás 24:00 horas do 1 de maio de 2010.

16. A resolución do xurado daranse a coñecer no mes de maio.

17. As votacións para o Público poderanse efectuar dende as 00:00 horas do 30 de maio ata as 24:00 horas do 15 de mayo de 2010. Servindo como voto de referencia nunca de valor.

Aclaracións:

18. O autor/es da obra musical consente a divulgación da obra a través da páxina web do Foundation Reggae Festival, para os efectos de participar na votación do Público.

19. A Ascociación Cultural Negus manterá na súa páxina web do festival www.foundationreggaefestival.com as obras musicais presentadas á convocatoria ata o 31 de decembro de 2010, a disposición de calquera usuario da rede. Despois desa data serán destruídas e só se manterán as obras musicais premiadas.

20. O artista o banda premiada comprométense a indicar, sempre que se cite, que son " Gañadores do VI Concurso Galego da Asciación Cultural Negus".

21. Sen prexuízo dos dereitos de autor que correspondan ao seu propietario, a Asc. Cult. Negus poderá difundir e utilizar as obras premiadas como estime oportuno, sen que xere dereito ningún para o autor. E expresamente a través da páxina web do Foundation Reggae Festival, así como facer futuras recompilacións das obras premiadas para un mellor coñecemento do desenvolvemento histórico do Concurso.

22. A Asociación Cultural Negus resérvase o dereito de facer modificacións e tomar iniciativas non reguladas nas Bases, sempre que contribúan ao mellor desenvolvemento da convocatoria.

23. A participación neste Concurso, supón a aceptación total das presentes Bases e das decisións do xurado, que serán inapelables.

24. A Asociación Cultural Negus resérvase o dereito de comunicar na páxina web do Foundation Reggae Festival, o nome dos premiados, así como calquera imaxe ou fotografía correspondente a actuación. A negativa de calquera dos participantes ao contido desta cláusula implicará o seu automática exclusión do Premio.

Cartel gañador do concurso e promocional do concurso: